Os proxectos en desenvolvemento, ‘Despois de Grecia’ (Artyc Content) e ‘Só o ruído’ (Serea Films), seleccionados no D’A Film Lab Barcelona – Producció Emergent
O D’A Film Lab Barcelona – Producció Emergent vén de facer pública a súa selección de proxectos para a súa edición 2026, entre os que se atopan dúas producións das nosas asociadas de AGAPI. Esta sección está adicada á capacitación de produtores emerxentes que se atopan desenvolvendo as súas primeras longametraxes.

Entre os 15 proxectos participantes atópanse dúas obras galegas seleccionadas a través dun acordo de colaboración co Festival INTERSECCIÓN de A Coruña.
‘Despois de Grecia’, dirixida por Irene Pin e producida por Tania Vila, da nosa asociada Artyc Content. Proxecto cuxa concepción se desenvolveu no AGAPI IMPULA COPROS III.
Atrapada entre a depresión e a culpa, Lía revive o seu paso por un campo de refuxiados en Grecia, onde o seu vínculo con Amed, un adolescente kurdo, deixouna marcada. Agora espera reencontrarse con él.

‘Só o ruído’, dirixida por Santos Díaz e producida por Álvaro Liste, da nosa asociada Serea Films.
En A Coruña, Juan, un home de 45 anos atrapado na rutina da súa tenda de reprografía e na convivencia coa súa nai, ve alterada a súa vida cando coñece a Alicia, unha moza que transforma o ruído das fotocopiadoras en música electrónica. Mentras renace nel unha vella pulsión creativa ligada a un pasado que aínda lle doe, María, amiga da infancia e cómplice silenciosa, sospeita que esa enerxía pode reabrir feridas antigas. A irrupción dun misterioso mozo e un concerto improvisado no rural arrástraos a unha viaxe nocturna onde música, memoria e desexo se entrelazan. Tras unha pérdida inesperada, Juan e María regresan á cidade transformados, conscientes de que incluso no ruído cotián pode nacer un novo silencio.
