Undodez presenta o documental ‘Ao son da nova regueifa’ acompañados do equipo do filme

Fai uns días a nosa produtora asociada Undodez presentaba en Santiago de Compostela ‘Ao son da nova regueifa’ acompañados do equipo do filme e de gran parte da familia requeifeira. Dirixido por Manolo Maseda e Saúl Rivas, este documental propón unha viaxe na procura das pontes construídas entre a Regueifa tradicional e as súas expresións máis contemporáneas, afondando no proceso de recuperación e transformación desta arte da improvisación oral na Galiza.

‘Ao son da nova regueifa’ é unha das obras finalistas a Mellor Documental dos Premios Mestre Mateo 2026. Categoría na cal, tres das catro obras que compiten, pertencen a produtoras asociadas de AGAPI.
