‘360 curvas’ (Rebordelos) achega a histora de supervivencia da Fonsagrada á gran pantalla

Tras posicionarse como finalista a mellor documental nos Premios Mestre Mateo 2026, e tras a súa aclamada estrea na Fonsagrada, o documental ‘360 curvas‘ non deixa de viaxar polas salas de cine de Galicia. O filme, producido pola nosa produtora asociada Rebordelos e dirixida por Alejandro Gándara e Ariadna Silva Fernández, pretende achegar ao público a esquecida historia de supervivencia da Fonsagrada.

“360 curvas marcan a distancia que separa A Fonsagrada de Lugo. Este camiño longo, difícil e descendente entre montañas reflicte o declive dun lugar que, a comezos dos anos 90, decidiu loitar pola súa supervivencia.”
