Culturgal, encontro anual da cultura en Galicia, terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra dos días 26 a 28 de novembro.
De novo, a Feira recupera o formato presencial permitindo achegar o mellor cinema do último ano. Un ano máis, poderán verse no marco do Culturgal as mellores producións audiovisuais feitas desde Galicia.
Agapi coordina de novo esta programación audiovisual que poderá disfrutarse no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra seguindo as medidas de seguridade e ata completar aforo.
VENRES 26 DE NOVEMBRO 2021
19h. ‘MALENCOLÍA‘. Longametraxe de ficción producida por Maruxiña Film Company e dirixida por Alfonso Zarauza. 60 min. Presentación e coloquio con Alfonso Zarauza, director do filme, Melania Cruz, Xulio Abonjo, Iolanda Muíños, Ledicia Sola, Marta Lado e Tito Asorey, actrices e actores do filme e Alberte Branco, director fotografía.
SÁBADO 27 DE NOVEMBRO 2021
17.30h. ‘NEGRO PÚRPURA’. Longametraxe documental producida por Illa Bufarda. 82min. Presentación e coloquio con: Adriana P. Villanueva, co-directora do filme.
19.30h. ‘BEIRAS.VIVIR 2VECES’. Longametraxe de ficción producida por OlloVivo. 65 min. Presentación e coloquio con: Pepe Coira, produtor e Jorge Coira, director.
DOMINGO 28 DE NOVEMBRO 2021
17.30h. ‘XELA ARIAS. A POETA NAS MARXES’. Curtametraxe documental. 30 min. Presentación e coloquio con: Beatriz Pereira, directora do documental Daniel Chapela, coguionista e coprodutor.
18.30h. ‘CUÑADOS’. Longametraxe de ficción producida por Portocabo. 95 min. Presentación e coloquio co equipo do filme.