Os Premios da Crítica 2021 recoñecen a Margarita Ledo na categoría de Cine e artes audiovisuais

Os Premios da Crítica 2021 recoñecen a Margarita Ledo na categoría de Cine e artes audiovisuais

O pasado sábado 13 de novembro tivo lugar a gala de entrega dos Premios da Crítica dos anos 2020 e 2021. Por mor da pandemia da covid, o pasado ano non se puido celebrar a entrega presencial dos galardóns.

Na categoría de Cine e artes audiovisuais 2020 foi recoñecida a figura de Oliver Laxe polo seu filme ‘O que arde’, entre os finalistas dese ano estaban: Arima (filme de Jaione Camborda), Ghaleb Martínez, Jorge Coira e O que arde (filme de Óliver Laxe). O xurado estivo conformado por: Uxía Caride, xerente de AGAPI e profesora USC; Antonio Duran «Morris», actor; María Mera, actriz; Rubén Ríos, actor e director; Ramón Rozas, crítico e xornalista de Diario de Pontevedra; Xosé Manuel Sande, programador do CGAI e Ledicia Costas Álvarez, secretaría, en representación de Premios da Crítica de Galicia.

O xurado da XLIV edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Cine e Artes Audiovisuais, formado por Mayka Braña, actriz; Zaza Ceballos, produtora; Pepe Coira, produtor, vicepresidente da AGA; Alfonso Pato, director festival de Cans; María Yáñez, directora da revista dixital Vinte; Alicia Zapatero, realizadora da TVG e Jorge Mira, Secretaría, en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Margarita Ledo, Alfonso Zarauza, Chelo Loureiroe Alberte Branco «Bertitxi». Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio na categoría de Cine e artes audiovisuais 2021 a Margarita Ledo pola produción, dirección e guión de ‘Nación’.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies