Xa está aberto o prazo de inscripción na VII edición do CONECTA PLUS, o encontro entre creadores e produtores de dentro e fóra de Galicia, organizado por CREA en colaboración con AGAG e AGAPI e co apoio de AGADIC e a Fundación SGAE. O encontro terá lugar o 18 de decembro de 2021 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela recuperando a presencialidade, logo dunha pasada edición celebrada en liña por mor da Covid.
O prazo límite para inscribir proxectos remata o día 4 de decembro ás 23:00h. Como todos os anos, un xurado composto por membros de CREA, AGAG e AGAPI escollerá os proxectos que logo se mandarán aos produtores. A lista de proxectos seleccionados será anunciada o 14 de decembro.
Como nas tres edicións pasadas, a tarde do Conecta+ estará adicada ao panel de Pitching no que se presentarán os guións subvencionados na última convocatoria de axudas de Talento de AGADIC.