Kraken Films e Adestramento Actoral FT presentan a webserie ‘Delicias Amargas’ dirixida por Fernando Tato

Kraken Films e Adestramento Actoral FT presentan a webserie ‘Delicias Amargas’ dirixida por Fernando Tato

O vindeiro sábado 27 de novembro terá lugar no Monte do Gozo Rural Lunch de Santiago de Compostela a preestrea da webserie ‘Delicias Amargas’.

Trátase dunha webserie producida por Kraken Films e Adestramento Actoral FT que conta con Fernando Tato na dirección. A emisión da serie comezará o martes 30 de novembro a través da conta de Instagram @deliciasamargas e da canle de Youtube.

Sinopse: Nunca xogaches a adiviñar de que fala a mesa do teu lado nun restaurante? Claro que si, todos o facemos. Pero se estiveses na cervecería Monte do Gozo, nunca serias quen de adiviñar o que está a acontecer nesa conversa, porque aquí poucas cousas son o que parecen. Unha cita de tinder entre un vigoréxico e unha ninfómana, un home que asegura estar abducido, unha loita shakespiriana por un posto de traballo…’Delicias amargas’ é un mosaico de pequenas grandes historias, todas contadas arredor dunha mesa con un só nexo en común: aquí todo vale.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies