Sirat do director galego Oliver Laxe, e producido pola nosa asociada Filmes da Ermida, é a película seleccionada para representar a España nos Premios Oscar. Optando así a ser nominada como Mellor Película Internacional. O cineasta, Pablo Berger, acompañado polo presidente da Academia de Cine Fernando Méndez-Leite, anunciaron a decisión dos académicos este mércores 17 de setembro. Un feito histórico e espléndido na para a historia cinematográfica de Galicia.

“Sirat: ponte que conecta o inferno co Paraíso | Un home (Sergi López) e o seu fijo (Bruno Núñez) chegan a unha rave perdida en Marrocos. Buscan a Mar, a súa filla e irmá, desaparecida fai meses nuhna desas festas sen amencer. Reparten a súa foto unha e outra vez rodeados de música electrónica e un tipo de liberdade que descoñecen. Atópanse cun grupo de raveiros e deciden seguilos a unha última festa que se celebrará no deserto, onde esperan atopar á moza desaparecida.”
