“Anoche conquisté Tebas” e “Estrany riu”, coproducidas polas nosa asociadas Filmika Galaika e miramemira, premiadas pola crítica no Festival de Venecia

O Festival de Venecia ven de recoñecer o gran taballo das nosas produtoras asociadas na Giornate degli Autori 2025. Dúas óperas primas de gran calidade que estamos desexando que cheguen ás salas galegas.

Anoche conquisté Tebas, de Gabriel Azorín, e coproducida pola nosa asociada Filmika Galaika fíxose co Gran Premio Bisato d’Oro a Mellor Guión e Fotografía por parte da crítica independiente presente na Mostra.

Uns mozos portugueses cruzan a fronteira con España para bañarse nunhas antigas termas romanas. Alí se atopan con varios grupos que foron pasar a tarde. Uns buscan descansar; outros, diversión. Como se se tratara dun ritual, todos contemplan xuntos o solpor e inician o camiño de volta a casa. Ao anoitecer, o único que queda é a vapor da agua e o ceo estrelado. Pero hai outro grupo de rapaces que contempla ese ceo. Son os soldados romanos que construiron as termas. E a súa idade e preocupacións non son moi diferentes ás deles.

Mentras que a película Estrany riu, de Jaume Claret Muxart, e coproducida por miramemira recibiu o Gran Premio Bisato d’Oro a Mellor Contribución Artística.
Dídac ten dezaseis anos e viaxa en bicicleta polo Danubio coa súa familia. Entre días calurosos, un encontro inesperado cambia o rumbo da viaxe: un misterioso mozo aparece entre as augas do río. A súa presencia enigmática non só espertan algo novo en Dídac, senón que empeza a alterar a relación coa súa familia.
