“Loca, Porco & Paco”, a nova  serie de animación producida pola nosa asociada UNDODEZ, viaxa ao Cartoon Forum 2025 

“Loca, Porco & Paco”, a nova  serie de animación producida pola nosa asociada UNDODEZ, viaxa ao Cartoon Forum 2025 

“Loca, Porco & Paco”, a nova  serie de animación producida pola nosa asociada UNDODEZ, viaxa ao Cartoon Forum 2025 

Lola, Porco & Paco, a nova serie cómica de animación da nosa produtora asociada UNDODEZ, viaxa ao Cartoon Forum 2025 de Toulouse en busca de socios coprodutores. Creada por Andrés Mahía, Xosé Castro e Xosé Antonio Touriñán e con Laura Mahía como guionista, esta serie de animación 2D por ordenador está dirixida o público novo e adulto. Unha representación máis da calidade da animación galega.

“Lola, Porco e Paco son mellores amigos e viven en Ponte Regato, unha tranquila aldea do interior de Galicia ao longo do Camiño de Santiago. Paco é un tímido empreado de gasoliñeora sen ningunha ambición máis alá das pantallas e as festas; Lola, ecofeminista e antitodo, traballa no concello; e Porco é un cocho sucio e caótico en todos os sentidos. As súas vidas, ateigadas de cervezas, vermuts e peregrinos, semellan sinxelas, ata que a sobrecarga dixital converte os seus días en aventuras absurdas cheas de contradicións, conspiracións, activismo e crises de identidade. Son unha instantánea da confusión do século XXI, atrapados nun lugar onde nada cambia… Ou eso parece.”

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies