“San Simón”, o único filme en galego desta edición do Festival de San Sebastián, estrea tráiler

“San Simón”, o único filme en galego desta edición do Festival de San Sebastián, estrea tráiler

“San Simón”, o único filme en galego desta edición do Festival de San Sebastián, estrea tráiler

San Simón, coproducida pola nosa asociada miramemira, sitúase como único filme en galego da 73ª  edición do Festival de Cine San Sebastián, onde terá a súa premiere  na sección Made in Spain o 25 setembro. A película, dirixida por Miguel Ángel Delgado, estrea o seu trailer antes de chegar a Donosti. 

San Simón recolle o destino das persoas que foron represaliadas durante o funcionamento da illa galega como campo de concentración e colonia penitenciaria franquista. Destacando a participación de fillos e netos dos presos entre os membros do equipo artístico e técnico da película. Unha inmersión brutal pero necesaria neste escuro momento da historia.

“A historia de San Simón sitúase en outubro de 1936. O réxime de Franco crea máis de trescentos campos de concentración por toda España: conventos, fábricas, escolas, prazas de touros, mosteiros e outros espazos «pechados». San Simón destaca pola súa insularidade. O réxime converte o antigo lazareto nun lugar de morte onde os prisioneiros sofren a represión rodeados dunha beleza abafadora. Sete anos despois, Lamas, un preso da illa, lembra a historia dos homes e as mulleres que, como el mesmo, sufriron a represión neste pequeno enclave da costa galega.”

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies