O Simposio Internacional As Linguas e o Cinema II. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas serve de continuación ao foro homónimo desenvolvido en maio de 2018 e encádrase nas actividades de difusión do proxecto EUVOS (CSO2016-76014-R). Liderado polo Grupo de Estudos Audiovisuais da USC, o proxecto conta con persoal investigador procedente de diversas universidades estatais e europeas: Margarita Ledo Andión (I.P.) (USC), Enrique Castelló Mayo (Co-I.P.) (USC), José Luis Castro de Paz (USC), Antía López Gómez (USC), Fernando Redondo Neira (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Marta Pérez Pereiro (USC), María Soliña Barreiro González (USC), Pablo Romero Fresco (UVigo), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Miren Manias Muñoz (UPV-EHU), María José Deogracias Horrillo (UPV-EHU), Silvia Roca Baamonde (USC), Claudia Neira Expósito (USC), Andrés Fraga Pérez (USC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling- University of Warwick).

Programa Simposio ‘As Linguas e o Cinema II’