Sica, dirixida por Carla Subirana (Nadar, Kanimambo, Atma), foi seleccionada na Sección Generation da próxima Berlinale, o que suporá a súa estrea mundial. O festival terá lugar en Berlín do 16 ao 26 de febreiro de 2023.
Primeira longametraxe de ficción de Carla Subirana, Sica é un coming-of-age que conta a busca que leva a cabo unha rapaza de 14 anos, obsesionada con que o mar devolva o corpo do seu pai tras un naufraxio.
O filme está protagonizado por Thais García Blanco, veciña da Costa da Morte igual que os tamén debutantes Marco Antonio Florido Añón e María Villaverde Ameijeiras. Acompáñaos a actriz catalá Núria Prims (Incerta gloria) e o galego Lois Soaxe (Os luns ao sol), canda outros actores non profesionais da zona.
Sica rodouse na Costa da Morte, onde, segundo conta Subirana, “as correntes mariñas son mortais. Hai documentados máis de 600 naufraxios nesta zona, o que a convirte nunha das costas máis perigosas do mundo. A furia do mar fai dela unha sepultura xigante e, segundo contan as lendas, as almas dos mariñeiros poden oírse polas fendas da terra. Sica busca obsesivamente a voz do seu pai nun gran buraco ao pé do mar, a Furna das Grallas.”
En palabras da directora: “A Naturaleza é outra protagonista en Sica. O vento, o mar, as ondas… manifestan o seu propio estado de ánimo, co temperamento único que ten o océano nesta costa. As personaxes amósanse pequenas fronte á súa inmensidade, e temerosas ante a chegada do furacán Ofelia, que ao mesmo tempo es o único capaz de devolver a harmonía á vida de Sica. Como di Suso o Cazatormentas, Ofelia é a nai de todas as tormentas, pero só nos está avisando: despois dela vinrán máis, e distintas ás de antes. Sica é un berro de auxilio ante a crise climática.”
SOBRE CARLA SUBIRANA
Carla Subirana é directora, guionista e profesora de cinema na Facultade de Comunicación Blanquerna e de másteres en varias universidades.
O seu cinema transita entre o documental e a ficción, como demostra a súa ópera prima, Nadar (2008), unha película autobiográfica sobre a memoria histórica e persoal. A película proxectouse en varios festivais internacionais e é obxecto de estudo en universidades como Harvard, UMass e Cardiff, entre outras.
A súa segunda película, Volar (2012), estreouse no SEFF. Foi finalista nos Premios Gaudí e logrou o fito histórico de ser o primeiro documental rodado nunha academia militar española.
Kanimambo (2012), que obtivo a Mención Especial do Xurado no Festival de Málaga, e Atma (2016), coa bailarina Núria Guiu, constitúen a súa primeira incursión tanto na curtametraxe coma na ficción. Atma recibió el Premio Nacional de Danza en el Fiver de 2017.
Subirana foi avaliadora de proxectos para Proimágenes Colombia, así como xurado en varios festivais nacionais e internacionais, e participou na Comisión de Curtametraxes do ICEC (2018). Tamén ten dirixido e escrito documentais de televisión para TVE, TV3 e BTV. Subirana impartiu recentemente talleres de creatividade para estudantes de cinema na UDK University of the Arts de Berlín e na University of Massachusetts Amherst, entre outras.
A figura da muller é central no seu traballo como cineasta. Por iso, Subirana ten participado en múltiples mesas redondas centradas en cinema e xénero, e é socia fundadora da asociación “Dones Visuals”, que traballa para lograr a paridade na industria cinematográfica. En 2018 deseñou e dirixiu el programa Acció Viver para mulleres cineastas, acompañando longametraxes cinematográficas e documentais desde o guión ata a dirección e produción.
SINOPSE
Sica (14) está obsesionada con que o mar devolva o corpo do seu pai logo dun naufraxio na Costa da Morte. Mentres percorre os cantís coñece a Suso (15), o Cazatormentas, un rapaz algo raro com ela que agarda pola chegada de Ofelia, a nai de todas as tormentas. Sica investiga as circunstancias do accidente e adéntrase nunha dolorosa viaxe de descubrimento. Aos seus ollos, a vila mariñeira na que medrou, marcada pola brutalidade do seu océano e polo crecente desequilibrio da Natureza, non volverá ser a mesma.
SICA é unha produción de Alba Sotorra, Miramemira, Zuzú Cinema, Amorambre Films y el Filmmaker Fund. Conta ademais co apoio do ICEC – Generalitat de Catalunya, AGADIC – Xunta de Galicia, ICAA – Ministerio de cultura, TVE, Televisión de Galicia, TV3 e o Creative Europe Media Program.