‘Slow’ é unha coprodución entre Lituania, Suecia e España (Frida Films), dirixida pola lituana Marija Kavtaradze, sobre a historia entre unha e un intérprete de lingua de signos. O filme é un dos dos tres títulos con participación española que competirá no Festival de Sundance, un dos principais certames estadounidenses de películas independentes.
O Festival de Cinema de Sundance regresa á presencialidade do 19 ao 29 de xaneiro de 2023 na cidade estadounidense de Park City. Na súa programación, ademáis de ‘Slow’ estarán os filmes con participación española ‘Mamacruz’ e ‘La Pecera’.
‘Slow’ é un drama con pinceladas románticas sobre a constante procura da proximidade, o medo ao amor e a estar só.