‘Unicorn Wars’, producida por Abano Producións, Premio Días De Cine

‘Unicorn Wars’, producida por Abano Producións, Premio Días De Cine

‘Unicorn Wars’, producida por Abano Producións (Chelo Loureiro), vén de gañar o Premio Días De Cinema á mellor película de animación. É unha das nomeadas ao Premio Goya nesta nova edición.

A película de animación ‘Unicorn Wars’, producida por Chelo Loureiro e dirixida por Alberto Vázquez, estreouse en cinemas despois do seu paso polo Festival de Annecy e o Festival de Sitges, entre moitos outros.

Trátase dun potente drama antibelicista, ‘UnicornWars’ é unha reivindicación do cinema de animación tamén para adultos, cunha coidadosa creación artística e un contido que xoga cos xéneros do cinema bélico e o drama, engadindo elementos fantásticos e certo sentido do humor.

O exército osiño adoutrina a novos recrutas para a guerra que libran contra os unicornios e ameaza a seguridade do pobo osiño. Os irmáns Azulín e Gordi, xunto a un inexperto grupo de recrutas, serán enviados a unha perigosa misión para salvar o Bosque Máxico. Estarán os osiños preparados para iso? Unha alegoría que afonda ata a esencial do mal, percorrendo os territorios do enfrontamento ancestral entre homes e mulleres, entre o ben e o mal.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies