Chega aos cines a película ‘O corpo aberto’ producida por Ollovivo

Chega aos cines a película ‘O corpo aberto’ producida por Ollovivo

Hoxe, venres 9 de decembro, chega ás salas de toda Galicia da man de Filmax a película ‘O corpo aberto’, producida por OlloVivo e dirixida por Ángeles Huerta. O filme protagonizado por Tamar Novas é unha coprodución entre as produtoras Fasten Films, OlloVivo e Cinemate.

SINOPSE

Ano 1909. Miguel, un novo profesor, é destinado a unha pequena e tétrica vila na fronteira entre España e Portugal, onde empeza a sentir unha fascinación especial por Dorinda, a muller de Turelo que ten unha relación extramatrimonial con Mauro. Cando unha xélida mañá Mauro aparece aforcado nunha cerdeira, o profesor empeza a sospeitar que a súa alma segue deambulando pola aldea en busca de vinganza.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies