Producións de Matriuska Films, Zeitun Films e Amanita Studio nomeadas aos Premios Feroz

Producións de Matriuska Films, Zeitun Films e Amanita Studio nomeadas aos Premios Feroz

Os Premios Feroz 2021 veñen de anunciar os dez títulos que compiten polo Premio Especial e o de Mellor Documental. Entre os títulos anunciados encóntranse dous filmes de produción galega. Trátase de ‘A media voz’, de Heidi Hassan e Patricia Pérez, producida por Matriuska Films, e ‘Lúa vermella’ de Lois Patiño, producida por Zeitun Films en coprodución con Amanita Studio están nomeadas a Mellor Documental e ao Premio Especial respectivamente dos Premios Feroz.

Os Premios Feroz son uns premios cinematográficos e televisivos españois, creados no mes de novembro de 2013 pola Asociación de Informadores Cinematográficos de España con carácter anual para recoñecer o mérito e calidade das producións cinematográficas españolas. A longametraxe gañadora de ambas as categorías anunciarase, xunto ao resto de galardóns, durante a gala que se celebrará o próximo 8 de febreiro en Alcobendas.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies