Oito títulos de produtoras de Agapi na carreira dos Premios Goya

Oito títulos de produtoras de Agapi na carreira dos Premios Goya

Desde hai uns días os académicos de cine español teñen abertas as votacións para elexir os seus candidatos favoritos nas diferentes categorías dos Premios Goya.

O vindeiro 11 de xaneiro coñeceremos as nominacións definitivas para estes importantes galardóns. Ana Belén e Dani Rovira serán os encargados de desvelar os nominados desde a sede da Academia de Cine.

Nesta carreira compiten este ano un total de oito títulos de produtoras pertencentes a AGAPI.

Trátase dos filmes ‘A media voz’, longametraxe documental producida por Matriuska Producciones; ‘Arima’, longametraxe de ficción producida por Esnatu Zinema; ‘Beyond the Glacier’, curtametraxe producida por David Rodríguez e Iván Patiño; ‘Carne’, curtametraxe producida por Chelo Loureiro e Livia Pérez; ‘El viaje de Javier Herauld’, longametraxe documental producida por Tamboura Films; ‘La isla de las mentiras’, longametraxe de ficción producida por Agallas Films; ‘Lúa vermella’, longametraxe de ficción producida por Zeitun Films e Amanita Studio e ‘Maria Solinha’, longametraxe de ficción producida por Vía Láctea Filmes e TVG.

Todos estes títulos compiten en diferentes categorías como mellor película, dirección, guión orixinal, música orixinal, actor protagonista, actriz protagonista, actor de reparto, actriz de reparto, actor revelación, actriz revelación, dirección de produción, dirección de fotografía, montaxe, dirección artística, deseño de vestiario, maquillaxe e perruquería, son ou efectos especiais. Este ano un total de 155 títulos optan a levarse un Premio Goya.

A gala da 35 edición destes premios celebrarase o 6 de marzo no Teatro Soho CaixaBank de Málaga e estará conducida por Antonio Banderas e María Casado.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies