Oito galardóns nos XXIV Premios Mestre Mateo para produtoras asociadas de AGAPI, con ‘Sirat’ (Filmes da Ermida) como mellor película

Oito galardóns nos XXIV Premios Mestre Mateo para produtoras asociadas de AGAPI, con ‘Sirat’ (Filmes da Ermida) como mellor película

Oito galardóns nos XXIV Premios Mestre Mateo para asociadas de AGAPI, con ‘Sirat’ (Filmes da Ermida) como mellor película

O pasado 21 de marzo tivo lugar na cidade de Lugo a gala dos XXIV Premios Mestre Mateo. Un evento no que as produtoras asociadas de AGAPI recolleron 8 dos galardóns, destacando o Premio a Mellor Película para ‘Sirat’ (Filmes da Ermida). O director, Oliver Laxe, declarou a alegría que lle supuxo rematar o percorrido do filme na súa terra natal, e recoñeceu o traballo das produtoras independentes como imprescindible na súa carreira cinematográfica.

Imaxe de Bego Pérez para a Academia Galega do Audiovisual

Outro dos momentos máis salientables da noite foi a entrega do Premio de Honra á tradutora e asesora lingüística Rosa Moledo, en recoñecemento á súa traxectoria e contribución ao audiovisual galego. Premiada tamén por AGAPI no 2024 co III Premio de Honra Dolores Ben.

Imaxe de Crispa para a Academia Galega do Audiovisual

A presidenta da Academia Galega do Audiovisual, Lucía Veiga, fixo un firme chamamento contra a guerra no seu discurso e reivindicando un claro “non ás guerras” desde o sector audiovisual. Veiga subliñou tamén a importancia da unión de todo o sector para fortalecer unha comunidade en constante crecemento e reivindicou o traballo das distintas asociacións profesionais na defensa dos dereitos e da cultura galega.

Imaxe de Crispa para a Academia Galega do Audiovisual

Palmarés das produtoras asociadas de AGAPI nos XXIV Premios Mestre Mateo:

Mellor Anuncio Publicitario | ‘Ao noroeste do oeste’ – Undodez

Mellor Curtametraxe de Animación | ‘O corpo de cristo’ – Abano Producións

Mellor Documental | ‘360 curvas’ – Rebordelos

Mellor Longametraxe | ‘Sirat’ – Filmes da Ermida

Mellor Serie de TV | ‘Weiss & Morales’ – Portocabo

Mellor Serie Web | ‘Bechos’ ´- Undodez

Mellor Música Orixinal | ‘Sirat’ – Kangding Ray

Mellor Son | ‘Sirat’ – Amanda Villavieja

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies