A VII Semana do Cine Galego acollerá na súa programación seis títulos de produtoras asociadas de AGAPI

A Coruña acollerá do 7 ao 10 de abril no Teatro Colón e na Domus, a VII Semana do Cinema Galego, a gran celebración cinematográfica non competitiva que exhibe o máis salientable da produción audiovisual galega recente. Ao longo de catro xornadas, o público poderá gozar de oito filmes en sesións gratuítas, entre os que se atopan seis producións de asociadas de AGAPI Asociación Galega de Produtoras Independentes.
A programación está composta polas longametraxes finalistas dos Premios Mestre Mateo nas categorías de mellor longametraxe de ficción e mellor documental, convertendo a mostra nun escaparate privilexiado do mellor cinema galego do último ano. As proxeccións estarán acompañadas por presentacións dos equipos dos filmes, que introducirán as obras e conversarán co público, convertendo cada sesión nun espazo de encontro co cinema galego contemporáneo.
MARTES 7 DE ABRIL | Teatro Colón
19:00h – ‘Sirat’, Oliver Laxe (Filmes da Ermida)
21:00h – ‘As liñas descontinuas’, Anxos Fazáns (Sétima)
MÉRCORES 8 DE ABRIL | Teatro Colón
19:00h – ‘San Simón’, Miguel Ángel Delgado (miramemira)
XOVES 9 DE ABRIL | Domus
21:00h – ‘Ao son da nova regueifa’, Manolo Maseda e Saúl Rivas (Undodez)
VENRES 10 DE ABRIL | Domus
19:00h – ‘O silencio herdado’, Lucía Dapena González (Gaitafilmes)
21:00h – ‘360 curvas’, Alejandro Gándara Porteiro e Ariadna Silva Fernández (Rebordelos)
