A Xunta ofrece unha xornada formativa profesional sobre mercados internacionais do sector audiovisual

A Xunta ofrece unha xornada formativa profesional sobre mercados internacionais do sector audiovisual

A Xunta ofrece unha xornada formativa profesional sobre mercados internacionais do sector audiovisual

O Museo das Peregrinacións e de Santiago acollerá o vindeiro martes 14 de abril unha xornada formativa sobre mercados internacionais do ámbito audiovisual, na que a Xunta de Galicia reunirá expertos e profesionais para abordar as claves e sinerxías deste tipo de encontros. Organizada a través da Asociación Galega de Produtoras Independentes, a iniciativa enmárcase no programa Galicia ProFilme da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, dirixido a contribuír á progresiva capacitación e profesionalización do sector.

A xornada ofrecerá unha aproximación práctica, directa e actualizada aos principais mercados audiovisuais exteriores, con especial atención ás citas máis destacadas que se celebran en Portugal, Francia, Bélxica e os  Estados Unidos. O obxectivo é facilitarlles aos axentes da industria audiovisual ferramentas útiles para a toma de decisións estratéxicas no ámbito da internacionalización. Conecta, neste sentido, coa finalidade da liña de subvencións á proxección exterior do audiovisual galego en festivais, mercados e foros de negocio que actualmente mantén aberta a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

A través da participación de profesionais de recoñecido prestixio, trataranse cuestións clave como as vías de acceso a estes mercados, os modelos de colaboración existentes e os principais retos que afrontan as produtoras na proxección internacional dos seus proxectos. Así, o encontro contará coa intervención de Luis Costa, produtor en Olhar de Ulisses e presidente da Associação de Produtores do Norte e Empresários Independentes do Audiovisual (Portugal); Valérie Delpierre, produtora en Inicia Films (Francia-Bélxica); e Álvaro Saracho, vicepresidente de Estratexia e Operacións de Produción en The Immigrant (Os Estados Unidos de América).

A xornada ten carácter gratuíto, aínda que cómpre a inscrición previa ata o 13 de abril a través do formulario web activado ao efecto. As persoas interesadas poderán solicitar previamente, ademais, a súa participación nas reunións individuais previstas no programa.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies