OFF ESCAC patrocina en colaboración con Agapi un cóctel no marco da 39ª edición do Festival Cineuropa
O vindeiro mércores 12 de novembro a 39 edición do Festival Cineuropa celebra un encontro coa cineasta Luciana Fina para reflexionar sobre as problemáticas vinculadas á representación cinematográfica da historia e da Revolución, deténdose especialmente nas estratexias de montaxe que permitiron abrir un diálogo entre o pasado e o agora. Baixo o título ‘SEMPRE. ARQUIVO CINEMATOGRÁFICO E HISTORIA DO TEMPO FUTURO’ os asistentes terán a oportunidade de dialogar con esta cineasta e artista italiana. Esta actividade culminará cun cóctel patrocinado por OFF ESCAC e co apoio de AGAPI, Asociación Galega de Produtoras Indepentes.
A cita será o día 12 de novembro a partir das 12h na Zona C, punto de información cultural (Rúa do Preguntoiro, 1).
De balde ata completar aforo. Os convites poden retirarse aquí.
