Finaliza o Curso de Produción Executiva Avanzada organizado por AGAPI e OFF ESCAC. Unha experiencia formativa sen precedentes

O pasado mes de outubro estivo marcado no noso calendario pola realización do Curso de Produción Executiva Avanzada organizado por AGAPI Asociación Galega de Produtoras Independentes e OFF ESCAC, a Escola de Oficios da ESCAC. Unha experienza formativa sen precedentes que nos deixou con ganas de seguir traballando máis que nunca.
A formación tivo lugar os días 20, 21, 22, 23, 26 e 27 do pasado mes na sede da SGAE en Santiago de Compostela, nunhas xornadas tan intensas como produtivas.

O Bloque 1 do cruso foi impartido polo profesional recoñecido internacionalmente, Rodolphe Sanzé, que tratou coas nosas asociadas asistentes o posicionamento estratéxico do produtor executivo: análise de proxectos, pitchings, visionados, axentes de vendas… Nunhas xornadas tremendamente enriquecedoras.

A consagrada produtora Sandra Tapia foi a encargada do Bloque 2 desta formación. Nesta ocasión as nosas asociadas participantes asistiron a unha sesión intensiva sobre financiamento e modelos de empresa. Tapia falou de xeito cercano, claro e esperanzador sobre a situación do sector audiovisual, o cal coñece mellor que ninguén.

Finalmente concluímos co curso co Bloque 3, da man recoñecida profesional vasca Noemí Cuetos, que abordou para as nosas asociadas asistentes, a temática do posicionamento cinematográfico e os mercados. Unhas xornadas de clausura ateigadas de consellos para o desenvolvemento e distribución internacional.

Desde AGAPI queremos agradecer ás ponentes por compartir con nós os vosos coñecementos e experiencias dun xeito tan cercano. Así como ás nosas asociadas asistentes, por implicarvos con tanta dedicación a esta e todas as iniciativas que levamos a cabo. Agradecemos tamén, por suposto, a OFF ESCAC por colaborar con nós e apoiar estas actividades tan necesarias e enriquecedoras. Así como a SGAE de Santiago de Compostela por acollernos na súa sede.
*Financiado por: Ministerio de Cultura, ICAA e Fondos Next Generation da Unión Europea