Xunta de Galicia e Agapi ofrecen unha xornada formativa xurídica para o sector audiovisual

A Xunta de Galicia e Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organizan o vindeiro día 21 de novembro unhas xornadas de formación presencial dedicadas a analizar aspectos relacionados coa parte xurídica do sector audiovisual.
Este evento insírese nas actividades de Galicia PROFilme, programa formativo da Axencia Galega das Industrias Culturais para profesionais do sector audiovisual. O desenvolvemento da xornada terá lugar no Auditorio do Museo das Peregrinacións ubicado na Praza das Praterías de Santiago de Compostela.
Baixo o título: “Dereitos audiovisuais: territorios, prazos e pantallas” abordaranse cuestións como o cumprimento nas normas audiovisuais, os dereitos e territorios ou as oportunidades de negocio. Contará coa participación de María Coronado, directora audiovisual da SETT (Sociedad Española para la Transformación Tecnológica) , Pedro Martín, director da área audiovisual e de deporte en Crea SGR e ás avogadas María Blanco Ramos (MBR Abogados) e María Romero Valiña (MRV Abogados).
A xornada será de balde pero precisará dunha inscrición previa (antes do 20 de novembro) que se pode realizar neste enlace

XORNADAS FORMATIVAS SOBRE DEREITOS AUDIOVISUAIS: TERRITORIOS, PRAZOS E PANTALLAS
Museo das peregrinacións, Praza das Praterías, 2, 15704
Santiago de Compostela
21 de novembro de 2025
- 10.30h. Benvida.
- 10.30-11h. ‘Cumprimento nas Normas Audiovisuais: Unha mirada á Xurisdición e Regulación’
- Por: María Blanco Ramos, MRB Abogados.
- 11-11.30h ‘Dereitos Audiovisuais e Afectación dos Territorios’
- Por: María Romero Valiña, MRV Abogados.
- 11.30h-11.45h. Descanso.
- 11.45h-12.30h. ‘Pantallas, Dereitos e Oportunidades de negocio’
- Por: María Coronado, directora audiovisual da SETT (Sociedade Española para a Transformación Tecnolóxica) e Pedro Martín, director da área audiovisual e de deporte en Crea SGR.
- 12.30-13h. Quenda de preguntas e clausura.
Tarde:
16h-17-30h. Reunións executivas one to one (previa petición por parte das produtoras interesadas).