O realizador Dani de la Torre recibe o Premio El ojo Crítico de RNE

O realizador Dani de la Torre recibe o Premio El ojo Crítico de RNE

O Premio El Ojo Crítico de Cine 2015 recaeu no director Dani de la Torre pola súa película EL DESCONOCIDO, producida por Vaca Films. O xurado valorou a súa capacidade visual para narrar un conflito social a través da acción e a intriga.

Dani de la Torre (Monforte de Lemos, Lugo, 1975) estreou no Festival de Cine de San Sebastián EL DESCONOCIDO, un thriller protagonizado por Luis Tosar que supuxo o seu debut no mundo da longametraxe. Sinopse: Carlos, executivo de banca, comeza a súa rutinaria diaria levando ós seus fillos á escola. Cando arrinca o coche, recibe unha chamada anónima que lle anuncia que ten unha bomba debaixo do seu asento. A voz dun descoñecido comunícalle que ten só unhas horas para reunir unha elevada cantidade de diñeiro; se non o consegue, o seu coche voará polos aires.

(Páxina de “El desconocido” en www.vacafilms.com)

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies