O catálogo FILMS FROM GALICIA 2016 ofrece unha panorámica da industria audiovisual galega a través de 57 títulos

O catálogo FILMS FROM GALICIA 2016 ofrece unha panorámica da industria audiovisual galega a través de 57 títulos

O XX Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) foi o escenario da presentación do novo catálogo FILMS FROM GALICIA 2016, editado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria –a través da Agadic– co obxectivo de promover a produción cinematográfica e televisiva galega nos principais mercados internacionais do sector.

FILMS FROM GALICIA é precisamente a marca conxunta coa que a industria audiovisual galega se presenta cada ano en feiras tan relevantes como o MIPCOM, MIPTV e Marché du Filme de Cannes (Francia), o European Film Market da Berlinale ou Ventana Sur de Bos Aires.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies