O proxecto ‘Lebrescura’ (Rebordelos) de Xacio Baño, faise co premio principal da 4ª edición de VENTURA, plataforma de formación e desenvolvemento celebrada no marco do Festival Play-Doc
A cuarta edición de VENTURA, a plataforma de formación profesional, desenvolvemento de proxectos e mercado de coprodución internacional do festival Play-Doc, celebrada no marco da 22ª edición do festival, ven de anunciar o seu palmarés. O galardón principal, Premio VENTURA 2026, foi parar ao proxecto de longametraxe en desenvolvemento ‘Lebrescura’ do director lucense Xacio Baño e producido pola nosa asociada Rebordelos.

Sinopse:
Normas de xogo:
- Un neno queda cara á parede, contando en voz alta ata un número determinado mentres os demais se agochan.
- En canto remata de contar debe buscar ós demais.
- Os nenos intentarán alcanzar a panda, tocando a parede onde se contou.
- Se quen pandaba logra coller a un, sálvase e ese pasa a ser o pandote.
De todo o que acontece cando non vemos
[ou non miramos]
vai este filme.
Tamén vai do que poñemos entre corchetes
do que non
do que caeu. Do que saltou. Do salto.
Esta película quere investigar as formas posibles de facer un filme sobre algo
sen amosar ese algo. E facelo dende o xogo, dende o lúdico
coma o salto dun animal salvaxe
e libre
na escuridade
