O filme en desenvolvemento ‘Historia dun amor’ (Cósmica Producións) participará no Torino Film Lab Next 2026

O Torino Film Lab vén de anunciar os proxectos seleccionados no seu espazo de desenvolvemento TFL Next 2026, entre o que se atopa ‘Historia dun amor’ da nosa produtora asociada Cósmica Producións. Esta longametraxe de ficción, escrita e dirixida por Sonia Méndez e coa coprodución de Malvalanda, narra a historia de Manuela (65), que coñece a Daniel (70) na residencia da terceira idade onde acaba de ingresar ao seu marido Lauro, que está afectado de demencia. Mentres coida e asiste ao progresivo deterioro de Lauro comeza a ter sentimientos por Daniel. Un filme que reflexa como o mellor e o peor momento da túa vida poden chegar ao mesmo tempo.
