A Xunta inicia as ‘Xornadas de difusión do audiovisual en galego’ para universidades e FP organizadas a través de AGAPI

A Xunta inicia as ‘Xornadas de difusión do audiovisual en galego’ para universidades e FP organizadas a través de AGAPI

A Xunta inicia as ‘Xornadas de difusión do audiovisual en galego’ para universidades e FP organizadas a través de AGAPI

Alumnado das tres facultades galegas onde se imparten estudos de Comunicación e de catro centros de formación profesional en Imaxe e Son é o destinatario dunhas novas xornadas organizadas pola Xunta de Galicia para difundir o audiovisual en galego nas aulas de ensino superior e secundario. A través da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), levaranse a cabo sete xornadas a cargo de 14 profesionais da produción en activo, co obxectivo de lle proporcionar ao estudantado un contacto directo co sector e coa realización de filmes no noso idioma.

As sesións formativas, financiadas en virtude da colaboración establecida entre o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) do Ministerio de Cultura e a Axencia Galega das Industrias Culturais, chegará ás catro provincias mediante un calendario de actividade que dará comezo mañá na Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e se desenvolverá ata o mes de maio, despois de que persoas referentes con extensas traxectorias, diferentes perfís e cargos no proceso audiovisual, visiten as aulas dos graos en Comunicación Audiovisual das universidades da Coruña (UDC) e Vigo (UVigo), así como das Escolas de Imaxe e Son da Coruña e de Vigo, do CIFP A Farixa (Ourense) e sa Fundación TIC, do EIS de Lugo.

 O programa das Xornadas de Difusión do Audiovisual en Galego centrarase en analizar a produción propia para abordar as súas claves actuais, ademais de tratar a presenza no exterior, tanto a súa circulación como a participación en mercados especializados.

A primeira cita, hoxe na USC, contará coa participación de Adriana P. Villanueva e Silvia Fuentes, produtoras en Illa Bufarda e Sétima, respectivamente. A seguinte sesión será o 21 de abril na Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra, onde acudirán Marina García, de Sintagma Films; e Daniel Froiz, de Matriuska Producciones.

Pola súa banda, Gael Herrera, de Tamboura Films, xunto a Rubén Coca, de Artyc Content, reuniranse o 24 de abril co alumnado ourensán do CIFP A Farixa; en tanto que a UDC recibirá o 27 de abril a Álvaro Liste, de Serea Films, e a Felipe Lage Coro, de Zeitun Films. Ao día seguinte, 28 de abril, a xornada prevista terá lugar na Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC, en Lugo, das mans de Brandán Cerviño, de Filmes de Pedra, e de Alberto Díaz, de Mordisco Films.

Andrés Sanjurjo, de Acariño Films, e Alberto Domínguez, de Tréboa Media, correrán a cargo da sesión que se desenvolverá o 30 de abril no CIFP Imaxe e Son (A Coruña), en tanto que Irene Pin, produtora en Aqueladas e Coral Piñeiro, homóloga en Sombriza Films, serán as protagonistas do último dos encontros formativos organizados nesta serie, o 6 de maio na Escola de Imaxe e Son de Vigo.

A Xunta de Galicia continúa deste xeito afondando en complementar os estudos regrados nos ámbitos superior e medio con novas accións que se sitúan na liña doutras xa existentes, tales como o ciclo de master classes AuGAl, que recenetemente finalizou a súa 13ª edición na Facultade de Comunicación de Pontevedra (UVigo), a colaboración anual co Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC) ou as dinámicas que se desenvolven a través da Filmoteca de Galicia co programa Cinema en curso.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies