O filme ”Nación” de Margarita Ledo consegue un novo distintivo por promover ”a igualdade de xéner” no seu filme

O filme ”Nación” de Margarita Ledo consegue un novo distintivo por promover ”a igualdade de xéner” no seu filme

“Nación” de Margarita Ledo e producida pola produtora Nós, vén de conseguir o distintivo “especialmente recomendado para el fomento de la igualdad de género” que outorga o Instituto da cinematografía y Artes Audiovisuales (ICAA) para as películas que se van distribuír comercialmente en salas. “Sabemos que o filme ten unha clara perspectiva de xénero e tamén de clase pero iso non signfica que non esteamos moi agradecidas de que o ICAA tivera a ben outorgar este distintivo. Vivimos nun momento onde a pandemia centra todo e tamén leva consigo desigualdades polo que películas como “Nación” sempre son positivas” indica Olaia Ledo, directora de produción do filme dirixido por Margarita Ledo. O filme ten pensado estrearse a principios de marzo para que coincida co 8 de marzo, día adicado á muller traballadora “desexando que poida chegar ao público e ver a resposta”afirma Ledo.Desde a produtora saben que a cultura é segura e apuntan que o cinema moito “entre outras cousas porque vendo un filme non falas e miras á fronte” responde Margarita Ledo, directora do filme que xa gañou o premio á mellor dirección española no Festival de Cine Europeo de Sevilla.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies