O documental galego ‘Filmei Paxaros Voando’ amplía o seu voo e estrearase en Filmin

O documental galego ‘Filmei Paxaros Voando’ amplía o seu voo e estrearase en Filmin

O documental galego ‘Filmei Paxaros Voando’ amplía o seu voo e estrearase en Filmin

O documental Filmei Paxaros Voando, primeira longametraxe da directora galega Zeltia Outeiriño, chega á plataforma Filmin, onde estará dispoñible para todo o público estatal tras un percorrido de éxito por festivais e salas. A película, gañadora do Premio Mestre Mateo 2024 ao Mellor Documental percorreu certames como  L’Alternativa, onde recibiu unha mención especial, o Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) ou a Semana do Cine de Lugo.

Desde a súa estrea comercial en xaneiro, Filmei Paxaros Voando percorreu salas de toda Galicia e parte do Estado, un camiño que continúa dentro do Ciclo Mestre Mateo. Ademais, proxectouse en espazos de referencia como a Academia de Cine de Madrid, dentro do ciclo “Emergencias”, que exhibe as mellores obras documentais de Galicia e Cataluña. Estes meses de exhibición consolidaron o traballo de Outeiriño como unha das voces máis singulares do novo documental galego.

O salto a Filmin, unha fiestra global para o cinema galego
A chegada de Filmei Paxaros Voando a Filmin supón un novo fito para o cinema galego contemporáneo, ofrecendo a posibilidade de que un público amplo e diverso poida descubrir esta historia íntima e universal. Filmin, plataforma de referencia para o cinema independente e de autor, converteuse nun escaparate fundamental para as novas creadoras galegas e para a proxección internacional do audiovisual feito en Galicia.

Un retrato íntimo sobre a memoria, os coidados e o reencontro familiar
Filmei Paxaros Voandoé undelicado debut no que a cineasta reflexiona sobre o desarraigo, os coidados e a súa historia familiar. Outeiriño, que vive desde fai anos en Barcelona, regresou a Galicia para filmar este proxecto, unha logametraxe documental que toma como punto de partida recuperar a memoria do seu tío, o ourensán Antonio Outeiriño, artesán téxtil. Neste camiño encóntrase coa súa nai Socorro, unha muller moi diferente a ela que mostra a súa faceta máis artística a través da música – Socorro foi directora do coro do Centro Cívico de Coia-. O empeoramento na súa saúde abre un novo camiño de amor e coidados entre elas.

É unha coprodución de Ringo Media e Sétima, un proxecto que a autora comenzou a desenvolver tras o seu paso polo máster de Documental Creativo da Universidad Pompeu Fabra e pasou polas iniciativas L’Alternativa Mentoring (2020), Novos Cinemas Lab (2020), Coming Soon Play Doc (2021), Acció Viver – Dones Visuals (2022), Vilnius Coming Soon (2023), Porto/Post/Doc: Film & Media Festival (2023).

“Filmei paxaros voando” conta co apoio de CRTVG, ICAA, AGADIC, Diputación da Coruña e LABED – Universitat Pompeu Fabra.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies