Agapi contará con unha sala multimedia grazas ao apoio da Deputación da Coruña

Agapi contará con unha sala multimedia grazas ao apoio da Deputación da Coruña

Agapi contará con unha sala multimedia grazas ao apoio da Deputación da Coruña

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) anuncia a posta en marcha dunha sala multimedia destinada ao uso das súas empresas asociadas. Esta nova posibilidade no espazo da Sala de reunións foi posible grazas ao apoio da Deputación da Coruña a través da liña de subvencións FO204 para realizar investimentos culturais durante o ano 2025.

A sala contará con recursos tecnolóxicos de última xeración, que permitirán ás produtoras socias realizar presentacións, proxeccións, accións formativas e reunións híbridas, favorecendo a colaboración e a innovación no sector audiovisual galego.

Desde Agapi destacan que esta iniciativa “supón un paso importante para seguir fortalecendo o tecido profesional do audiovisual independente en Galicia, ofrecendo un espazo común que facilite o intercambio de coñecementos e a mellora continua”.

O novo equipamento localizarase na sede da asociación, en Santiago de Compostela, e estará dispoñible para as empresas asociadas nas vindeiras semanas.

Con esta actuación, Agapi continúa o seu labor de apoio ao sector audiovisual galego, impulsando a profesionalización e a competitividade das súas produtoras, ao tempo que agradece o respaldo institucional da Deputación da Coruña.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies