‘One-Way Cycle’ (Abano Producións) e ‘Platónico, Platónica’ (Rebordelos), curtametraxes preseleccionadas para os 40º Premios Goya

‘One-Way Cycle’ (Abano Producións) e ‘Platónico, Platónica’ (Rebordelos), curtametraxes preseleccionadas para os 40º Premios Goya

‘One-Way Cycle’ (Abano Producións) e ‘Platónico, Platónica’ (Rebordelos), curtametraxes preseleccionadas para os 40º Premios Goya

A Academia de Cine Española anunciou a listaxe de curtametraxes preseleccionadas da 40º edición dos Premios Goya. O acto tivo lugar na institución e María Castro, Néstor López e Melina Matthews, representantes dos títulos gañadores do pasado ano, desvelaron as obras que poderán ser nominados aos Goya 2026 nas categorías de Mellor Curtametraxe de Animación, Documental e Ficción. Un total de 48 obras entre as que se atopan dúas creacións das nosas asociadas de AGAPI Asociacón Galega de Produtoras Independentes.

A curtametraxe de animación One-Way Cycle, da nosa produtora asociada Abano Producións.

“María narra en primeira persoa a viaxe da súa nai, Adela, desde Asturias a La Habana en 1929. Nesta viaxe, segue á súa irmá Segunda que partira anos antes e á cal estaba moi unida. E é que Adela -coma súa irmá- medra limpando e lavando ropa no prao, un prao que estaba sempre cuberto de neve, e que lle provoca unha dor de ovarios continua nese frío. Unha menstruación dolorosa e abundante é unha carga pesada, pero gracias á sororidade e á comprensión, Adela gañará confianza para agarrar as rendas da súa vida ao final da súa viaxe.  A historia que María nos conta é unha historia de migración, das que sempre existiron e que seguirán existindo. E tamén é un ciclo -que se repite en moitas vidas- pero que ten un só sentido: é un ciclo de ida.”

A curtametraxe de documental Platónico, Platónica da nosa produtora asociada Rebordelos.

“Créame un título para un filme sobre o amor”. 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies