‘Hierro’ e ‘Tres’ entre as obras finalistas da 27º edición dos Premios Forqué

‘Hierro’ e ‘Tres’ entre as obras finalistas da 27º edición dos Premios Forqué

A serie ‘Hierro’, producida por Portocabo, conta con tres nominacións para a 27º edición dos premios Forqué. Trátase das categorías de Mellor Serie, Mellor Interpretación Masculina en serie para Darío Grandinetti por ‘Hierro’ e Mellor Interpretación Feminina en serie para Candela Peña por ‘Hierro’.

O filme ‘Tres’, producido por Frida Films, tamén está nominado na categoría de Mellor Interpretación Feminina para Marta Nieto polo seu papel protagonista no filme.

Os Premios Forqué están organizados pola Entidade de Xestión de Dereitos dos Produtores (EGEDA) e recoñecen a labor e bo facer do audiovisual estatal en 10 categorías: Longametraxes de Ficción e/ou Animación, Longametraxe Documental, Curtametraxe, Series, Interpretación masculina, Interpretación feminina, Interpretación masculina en serie, Interpretación feminina en serie, Longrametraxe Latinoamericana e Cinema e Educación en Valores.

A gala de entrega dos Premios terá lugar o vindeiro día 11 de decembro en Madrid.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies