‘A virxe roxa’, de Marcos Nine, terá a súa estrea en Galicia como filme inaugural do Novos Cinemas

‘A virxe roxa’, de Marcos Nine, terá a súa estrea en Galicia como filme inaugural do Novos Cinemas

Tras o seu paso pola Semana Internacional de Cinema de Valladolid (Seminci), o filme ‘A virxe roxa’, producido por Recrea Films e dirixido por Marcos Nine terá a súa premiere en Galicia no Festival Novos Cinemas.

O documental será o encargado de abrir a sesión inaugural do Festival que terá lugar en Pontevedra entre os días 14 e 19 de decembro.

‘A virxe roxa’ conta a historia de Hildegardt, unha nena prodixio que morre a mans da súa nai.

Sinopse: Aurora mata en 1933 a tiros á súa filla Hildegart, un produto calculado e deseñado por ela, que a criou e educou para que fose a libertadora da muller.