‘Nación’, de Margarita Ledo e ‘Augas Abisais’, de Xacio Baño, preseleccionadas para os premios Goya

‘Nación’, de Margarita Ledo e ‘Augas Abisais’, de Xacio Baño, preseleccionadas para os premios Goya

A Academia celebra a calidade do cinema español coa entrega dos Premios Goya aos mellores profesionais de cada unha das especialidades técnicas e creativas.

Á 36 edición dos Premios Goya optan un total de 160 películas españolas estreadas no noso país entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.

Destas 160 producións, 82 son de ficción, 74 son documentais e 4 son de animación.

A especialidade de Documental da Academia de Cinema preseleccionou 16 producións das que sairán os 4 títulos que optarán ao Goya na citada categoría. Entre as obras finalistas atópase Nación, dirixida por Margarita Ledo Andión e producida por Nós Cinematográfica Galega.

Tamén concorren este ano 10 filmes europeos, 13 cintas iberoamericanas e 110 curtametraxes.

A comisión de curtametraxes seleccionou 15 títulos na categoría de ficción, 10 de animación e outros 10 no apartado documental entre os 110 títulos presentados. Entre os finalistas preseleccionados na categoría de curtametraxe documental figura no novo traballo de Xacio Baño, Augas abisais, producido por Rebordelos.

Desde hai uns días os académicos de cinema español teñen abertas as votacións para elixir os seus candidatos favoritos nas diferentes categorías dos Premios Goya. Os nomeados 2022 daranse a coñecer o luns 29 de novembro na sede da Academia.

A 36 edición dos Premios Goya celebrarase o 12 de febreiro de 2022 no Palau de Les Arts de Valencia.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies