‘Nación’ de Margarita Ledo estréase no Festival de Cinema Europeo de Sevilla

‘Nación’ de Margarita Ledo estréase no Festival de Cinema Europeo de Sevilla

O filme ‘Nación’ producido por Nós Produtora Cinematográfica Galega e dirixido por Margarita Ledo terá a súa estrea no Festival de Cinema Europeo de Sevilla.

A peza é un filme de non ficción onde a directora e guionista relata a apertura ao mundo que supuxo para as mulleres en medio de tempos convulsos o acceso ao emprego industrial a través das enérxicas e carismáticas mulleres da fábrica de cerámica de A Pontesa.

Así, na propia descrición da película polo festival de Sevilla indican “Margarita Ledo constrúe un relato emocionante, combativo e poético dunha loita aínda hoxe inconclusa”. A película de Ledo retrata a especia fraxilidade das mulleres nunha clase obreira xa matratada, a partir das experiencias ao longo dos 50 anos dun grupo de mulleres traballadoras na fábrica Pontesa de cerámica (hoxe pechada). A banda sonora foi realizada por Mercedes Peón e o son (directo, montaxe e mistura) correu a cargo da empresa Cinemar FIlms.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies