A cidade volve apostar polo cinema dirixido por mulleres e celebrará segunda edición de Cinema por Mulleres A Coruña, que terá lugar entre o 22 de febreiro e o 9 de marzo, en dúas sedes: o Teatro Colón e os Cantóns Cinemas.
Esta edición comezará cunha mesa redonda –que terá lugar o 22 de febreiro ás 19:00h. no Teatro Colón da Coruña– moderada pola directora e produtora de cinema, Chelo Loureiro (Ferrol). A entrada será gratuíta ata completar aforo. Nela, participarán as directoras Ángeles Huerta, Jaoine Camborda, Olga Osorio e Paula Cons.
Cineastas procedentes de países tan variados como Lituania, Bélxica, Francia, Marrocos, Reino Unido, Corea do Sur, Canadá, Grecia, México, Alemaña, Israel, Países Baixos, Chile e Suecia, ademais de España, mostrarán os seus traballos no certame. A mostra internacional de longametraxes estará composta por unha selección de 20 películas, 10 internacionais e 10 españolas dirixidas por mulleres e realizadas entre 2022 e 2023.