Chega o Conecta+ 2024, a cita será o 20 de xaneiro en Vigo

Chega o Conecta+ 2024, a cita será o 20 de xaneiro en Vigo

Máis de 20 creadoras e creadores daranse cita este sábado na Sede da Deputación en Vigo con produtoras audiovisuais do conxunto de España e do norte de Portugal na xornada Conecta+. Todas e todos eles foron elixidos por unha comisión de selección integrada por profesionais das directivas de CREA e AGAG, que se encargou de avaliar as máis de 80 propostas que se inscribiron ata o 5 de xaneiro para participar no encontro deste sábado. A vicepresidenta primeira da institución provincial, Marta Fernández-Tapias, será a encargada de lle dar o tiro de partida a esta novena edición de Conecta+, ás 9:45 horas do sábado, xunto ao presidente de CREA, Fon Cortizo.

As e os 22 creadores seleccionados que participarán no encontro son Samuel Lema, Jorge Navarro e Elena Martínez co proxecto Viven al lado; Sara Casasnovas con Alevosía; Pedro Díaz coa iniciativa Serenade; María Hervera con Serviam; André Guiomar coa produción O que resta; Helena Santín con Vi la noche que nunca se acaba; Alberto Díaz e Kyong Sik Suh Oh co audiovisual Merlo branco; Sergio Daniel Alonso e Miguel Pertejo con Aldeaseca; Servando Vidal co proxecto Llamadme Anthony Farrar; Rebeca Novo con A mis amigas; Teresa Barberena coa iniciativa Terrores cotidianos; Ángela Andrada e Fernando Tato con Resurrection; Sara Hermo coa produción Brétemas; Pablo Fontenla, Ángel de la Cruz e José Antonio Pastor con Ti, Jane; Simón Casal con A Contra Armada, Simone G. Saibene co audiovisual Cine Paraíso, Leiro; Álvaro Liste e Alejandra Aguirre con Pausa na presa; Adrián Castiñeiras e Fernando Tato co proxecto La ira; Claudia Brenlla con Illa, isla; Gutier Rolán coa peza El sótano del alcalde; Héctor Carré con A senda escura e Antonio Nogueira co audiovisual Crazy Diamonds.

Entre as 10:00 e as 12:30 horas deste sábado todas e todos eles terán a oportunidade de presentar as súas creacións ante algunhas das produtoras máis activas do panorama español entre as que se atopan RTVE Cine, A Contracorriente, Sentido Films, Sétima, Frida Films, Ollo Vivo, Portocabo, La Región, Miramemira ou Gaita Films, das que recibirán orientacións para fortalecer os seus proxectos ou desenvolvelos, así como asesoramento sobre a súa viabilidade económica. Ademais, e por vez primeira na historia de Conecta+, as persoas seleccionadas para participar na xornada tamén poderán presentarlles as súas ideas a empresas do norte de Portugal como FilmesDaMente, Pixbee ou O Olhar de Ulisses.

Tras as reunións e encontros entre creadores e produtoras audiovisuais de España e Portugal, xa pola tarde, a partir das 16:00 horas, terá lugar o coloquio “Desmontando o dossier de venta” co que se porá fin a esta novena edición de Conecta+.

Conecta+ enmárcase na iniciativa Conecta Lab, un programa impulsado pola Deputación de Pontevedra xunto con CREA, a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) e a única entidade española especializada na xestión de dereitos de autor de obras audiovisuais, DAMA, para acompañar, impulsar e promover seis proxectos audiovisuais emerxentes de proxección. Conta con financiamento da Unión Europea a través de NextGenerationEU, e co patrocinio da AGADIC, da SGAE e de AGAG e a colaboración de AGAPI e AGAG.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies