Despois da estrea mundial dos filmes galegos ‘Matria’ e ‘Sica’ no Festival Internacional de Cine de Berlín, seguen as boas novas para o cinema galego.
Ambos títulos competirán na sección oficial do Festival de cine de Málaga pola polas Biznagas de ouro que terá lugar na cidade andaluza dos días 10 ao 19 de marzo.
MATRIA
Rodada en galego en distintas localizacións do Salnés e de Pontevedra, ‘Matria’ está producida por Matriuska Producciones, Avalon P.C, Elastica Films, Ringo Media e Felicidad La Película, AIE. Avalon encargarase da distribución nacional, con estrea en cinemas o 24 de marzo, e New Europe Film Sales ocúpase das vendas internacionais. Conta co financiamento do ICAA (Ministerio de Cultura) e de Agadic (Xunta de Galicia), coa participación da Televisión de Galicia, de Movistar e de The Screen, e coa colaboración da Deputación de Pontevedra e mais do Concello de Pontevedra.. A cinta presentarase no prestixioso festival de Málaga o próximo 11 de marzo.
SICA
Primeira longametraxe de ficción de Carla Subirana, Sica é un coming-of-age que conta a busca que leva a cabo unha rapaza de 14 anos, obsesionada con que o mar devolva o corpo do seu pai tras un naufraxio. É unha produción de Alba Sotorra, Miramemira, Zuzú Cinema, Amorambre Films e o Filmmaker Fund. Conta ademais co apoio do ICEC – Generalitat de Catalunya, AGADIC – Xunta de Galicia, ICAA – Ministerio de cultura, TVE, Televisión de Galicia, TV3 e o Creative Europe Media Program. A película presentarase en Málaga o 14 de marzo.