O filme ‘Sica’, dirixido por Carla Subirana e producido por Miramemira, estreouse con éxito na Berlinale

O filme ‘Sica’, dirixido por Carla Subirana e producido por Miramemira, estreouse con éxito na Berlinale

Sica, a coprodución galego-catalá dirixida por Carla Subirana e rodada na Costa da Morte, tivo a súa estrea mundial este domingo 19 de febreiro na sección Generation da Berlinale. O Urania Cinema de Berlín acolleu cun gran aplauso este primeiro pase, no que estiveron presentes a directora barcelonesa e os actores da Costa da Morte Thais García, Marco Antonio Florido e María Villaverde, xunto coa actriz catalá Núria Prims

“Foi unha longa viaxe desde que en 2016 se plantou a semente deste filme. Sinto que estiven subindo unha montaña moi alta durante moito tempo e por fin chegamos ao cume”, declarou Subirana no coloquio despois da proxección, acompañada polos actores principais do filme. 

Primeira longametraxe de ficción de Carla Subirana, Sica é un coming-of-age que conta a busca que leva a cabo unha rapaza de 14 anos, obsesionada con que o mar devolva o corpo do seu pai tras un naufraxio. É unha produción de Alba Sotorra, Miramemira, Zuzú Cinema, Amorambre Films e o Filmmaker Fund. Conta ademais co apoio do ICEC – Generalitat de Catalunya, AGADIC – Xunta de Galicia, ICAA – Ministerio de cultura, TVE, Televisión de Galicia, TV3 e o Creative Europe Media Program.

Sica está presenta na Berlinale e no European Film Market de Berlín da man da axencia de vendas internacionais Latido Films, e a súa estrea en cinemas será o vindeiro 19 de maio, distribuída por A Contracorriente Films. 

O filme rodouse na Costa da Morte, onde, segundo conta Subirana, “as correntes mariñas son mortais. Hai documentados máis de 600 naufraxios nesta zona, o que a convirte nunha das costas máis perigosas do mundo. A furia do mar fai dela unha sepultura xigante e, segundo contan as lendas, as almas dos mariñeiros poden oírse polas fendas da terra. Sica busca obsesivamente a voz do seu pai nun gran buraco ao pé do mar, a Furna das Grallas.”

En palabras da directora: “A Naturaleza é outra protagonista en Sica. O vento, o mar, as ondas… manifestan o seu propio estado de ánimo, co temperamento único que ten o océano nesta costa. As personaxes amósanse pequenas fronte á súa inmensidade, e temerosas ante a chegada do furacán Ofelia, que ao mesmo tempo es o único capaz de devolver a harmonía á vida de Sica. Como di Suso o Cazatormentas, Ofelia é a nai de todas as tormentas, pero só nos está avisando: despois dela virán máis, e distintas ás de antes. Sica é un berro de auxilio ante a crise climática.”

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies