Vía Láctea Filmes anuncia neste inicio do mes de marzo un roteiro que veñen preparando nas últimas semanas, co que MARÍA SOLINHA (Vía Láctea Filmes e TVG) arrinca este 2021 con estreas en cidades, vilas e aldeas de toda Galicia, e que continúa o percorrido iniciado con tan grande éxito o pasado ano.
Nestes momentos, cando a situación sanitaria dista de estar normalizada, segue sendo primordial para eles levar o filme a todos as espectadoras e espectadores con todas as medidas de seguridade precisas, de aí que de momento os plans sexan estrear MARÍA SOLINHA en formato autocine, da man de AUTOCINE.GAL, para máis adiante e cando o o tempo o permita comezar tamén con estreas en formato de CINE NA RÚA ao aire libre. Mais de 100 estreas e centos de espectadores durante o 2020 avalan este inicio, e danlles azos para organizar con ilusión a que será a andaina da longametraxe neste ano.
Irán actualizando toda a información no espazo https://www.vialacteafilmes.gal/blog/, e na web autocine.gal onde informarán puntualmente de todos os datos de cada estrea.