Gael Herrera (Tamboura Films): “O documental ‘No somos nada’ foi unha aposta arriscadísima  pero está saíndo ben”

Gael Herrera (Tamboura Films): “O documental ‘No somos nada’ foi unha aposta arriscadísima pero está saíndo ben”

Tamboura Films nace en 2017 da man de dous irmáns, Gael Herrera, directora de proxectos e Lautaro Herrera, realización e dirección técnica. Desde a produtora traballan principalmente creando formatos propios para televisión, principalmente para TVG. Algúns destes programas foron comercializados no mercado internacional como é o caso de “Historias Mínimas” vendeuse á canle de televisión italiano Rai3 e “Escapárate” que foi comprada por Endemol Shine Francia, ademais este programa vai actualmente na súa segunda tempada en Aragón TV. 

O éxito destes programas permitiulles dar o salto ao documental con filmes como “El viaje de Javier Heraud” dirixida por Javier Corcuera e que realizaron en coprodución con Perú. Agora mesmo atópanse terminando outro proxecto documental tamén dirixido por Javier Corcuera “No somos nada”, o documental oficial sobre La Polla Records. Gael Herrera cóntanos que “este proxecto foi unha aposta arriscadísima pero a verdade é que vai por bo camiño. Tivemos que empezar a rodar a finais do 2019 porque queriamos captar a emoción do arranque da xira, se esperásemos non collese a pandemia e adeus ao documental. E agora déronnos a axuda do ICAA, así que non podemos estar máis contentos”. En España o documental “No somos nada” será distribuído por A Contracorriente Films e se non hai cambios esperan estrear este ano no Festival de San Sebastián. 

Desde Tamboura Films tamén  apostan por formatos dixitais,  agora mesmo están inmersos no proxecto Camino de Historias, un mapa interactivo emocional que ten como marco o Camiño de Santiago e que eles bautizaron como o “Netflix dos peregrinos”. Desde a páxina web pódese navegar polo mapa que mostra os 6 camiños principais e os puntos onde se gravaron as entrevistas aos diferentes peregrinos, cada un cunha historia na mochila. Un mapa de historias que se cruzan e que teñen un mesmo destino, Santiago de Compostela. O proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia, Estrela Galicia e Ikea, agora esperan poder exportar a idea a máis camiños de peregrinación dentro e fóra de España.

E por último, teñen outro proxecto documental en fase temperá de desenvolvemento, que que tamén dirixirá Javier Corcuera, pero do que aínda non poden contar moito.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies