‘Malencolía’, a nova película de Alfonso Zarauza, chega aos cinemas o 25 de marzo

‘Malencolía’, a nova película de Alfonso Zarauza, chega aos cinemas o 25 de marzo

A nova longametraxe de Alfonso Zaruza, Malencolía, estréase o 25 de marzo en cinemas de toda Galicia. Protagonizada por Melania Cruz, Xúlio Abonjo e Iolanda Muíños, Malencolía mestura o cinema de terror, a comedia e o desacougo vital para contar a historia dunha parella que regresa ao rural galego tras vivir varios anos en Berlín e se atopa cunha estraña veciña. O filme é unha das longametraxes con máis canditaturas finalistas aos Premios Mestre Mateo, que se estrean este sábado 19 de marzo na Coruña. 

Nesta a súa 6ª longametraxe, o director da premiada “Ons” adéntrase por primeira vez no xénero de terror, que busca dun xeito pouco convencional, partindo da rica tradición galega oral e literaria sobre o medo para engadir elementos do estilo americano slasher de asasinos en serie e gore, e tamén boa dose de humor. 

Entre os actores que volven traballar ás ordes de Zarauza destacan os protagonistas, Melania Cruz e Xúlio Abonjo, que interpretan a Sira e Pepe, unha parella que decide comezar unha nova vida nunha aldea abandonada de Ourense logo de botar moitos anos emigrados en Berlín. Chegados á aldea descobren con sorpresa que a única casa con vida está habitada por unha peculiar señora chamada Isolina, que interpreta Iolanda Muiños. Completan o reparto Diego Anido, Marta Lado, X. A. Touriñán, Ricardo de Barreiro, Ledicia Sola, Tito Asorey e Deborah Vukusic

Malencolía é un dos filmes favoritos para os XX Premios Mestre Mateo, que se entregan este sábado na Coruña, con 11 candidaturas finalistas: Mellor longametraxe, Mellor dirección (Alfonso Zarauza), Mellor dirección de fotografía (Alberte Branco), Mellor actriz protagonista (Melania Cruz), Mellor actriz de reparto (Iolanda Muiños, Ledicia Sola), Mellor actor de reparto (Diego Anido, Ricardo de Barreiro), Mellor maquillaxe e perruquería (Raquel Fidalgo, Patricia Vilela), Mellor son (Javier Pato, David Machado), Mellor vestiari (Renata Uzal). 

Malencolía está producida por Maruxiña Film Company  en coprodución coa Televisión de Galicia, e distribuída por Baños Films. É un filme rodado integramente en Galicia e en galego, e con equipo 100% galego. Conta con subvención de AGADIC e o apoio da Deputación de Ourense. A rodaxe de Malencolía realizouse en diversas localizacións dos concellos de Boborás, O Irixo e O Carballiño.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies