Jaione Camborda (Esnatu Zinema) recolleu o Premio Cineuropa da 39º edición do festival

Jaione Camborda (Esnatu Zinema) recolleu o Premio Cineuropa da 39º edición do festival

Jaione Camborda (Esnatu Zinema) recolleu o Premio Cineuropa da 39º edición do festival

O pasado 14 de novembro, a cineasta Jaione Camborda Coll, da nosa produtora asociada Esnatu Zinema, recolleu no Teatro Principal de Santiago de Compostela o Premio Cineuropa da 39º edición do festival. Un recoñecemento á impecable traxectoria de Camborda, absoluto referente do audiovisual galego e internacional.

José Luis Losa, director do Festival Cineuropa, salientou a súa mirada única como “un cinema orgánico, telúrico e profundamente humano, nacido entre fronteiras e marcado pola sororidade, a fisicidade e o poder do onírico”. Cineuropa afirmou ser unha honra renderlle este tributo á cineasta vasca afincada en Santiago de Compostela, a cal construíu unha obra que é xa esencial no Novo Cinema Galego.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies