‘Sirat’ (Filmes da Ermida) e ‘Decorado’ (Abano Producións) nominadas aos 31º Premios Forqué
Os Premios Forqué celebran su 31ª Edición o próximo decembro en el Palacio Municipal IFEMA de Madrid. Un evento único que conmemorará máis de tres décadas de historia destes premios. Entre as películas nominadas a recibir o galardón atópanse dúas obras das nosas produtoras asociadas de AGAPI.
Nominada a mellor filme de ficción | ‘Sirat’, dirixida por Oliver Laxe e producida por Filmes da Ermida
Un home (Sergi López) e seu fillo (Bruno Núñez) chegan a unha rave perdida no medio das montañas do sur de Marrocos. Buscan a Mar, a súa filla e irmá, desaparecida fai meses nunha desas festas sen amencer. Reparten a súa foto unha e outra vez rodeados de música electrónica e un tipo de liberdade que descoñecen. Alí deciden seguir a un grupo de raveros na búsqueda dunha última festa que se celebrará no desierto, onde agardan atopar á moza. desaparecida.

Nominada a mellor filme de animación | ‘Decorado‘, dirixida por Alberto Vázquez e producida por Abano Producións
Arnold é un rato de mediana idade atrapado nunha crise existencial. O seu matrimonio desmorónase, a súa vida parécelle absurda e empeza a sospeitar que todo ao seu arredor é unha grande farsa. Cuando o seu mellor amigo morre en circunstancias sospeitosas, Arnold convéncese de que algo non encaixa. O que comeza coma unha paranoia cotiá convértese nunha fuxida desesperada cara algo que semelle, aínda que sexa un pouco, á liberdade. Longametraxe baseada na aclamada curtometraxe homónima do propio Alberto Vázquez de 2016.
