O presidente dos produtores españois (FAPAE) Ramón Colom pediu que acabe o bloqueo administrativo que afoga ó sector e que o enche de incertidumes: Vaian máis rápido, sexan máis dilixentes, que morren as empresas, advertiu Colom.
Na rolda de prensa que habitualmente ofrece a organización empresarial con motivo da celebración do Festival de Cine Español de Málaga, o máximo responsable dos produtores lanzou mensaxes agónicos de axuda ó secretario de Estado de Cultura José María Lassalle porque o cine, dí, non ten quen lle escriba. O meu antecesor Pedro Pérez xa informou o ano pasado da necesidade urxente de resposta que temos da Administración, das Administracións-puntualizou Colom- para que as empresas poidan seguir avanzando pero así seguimos un ano despois. A comisión mixta está bloqueada, extínguese o antigo sistema e as produtoras non se atreven a empezar rodaxes, hai moito diñeiro sen pagar, lamentou Colom. Declarou que por cada euro que o Estado dá ó cine, a industria devólvelle dous en ivas e pon exemplos como que o que lle costa ó Estado a desgravación por vivenda, seis mil millóns de euros ó ano, é o equivalente a máis dun século de axudas ó audiovisual español.