Desde Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes), acabamos de coñecer unha triste nova que nos enche de mágoa e desolación: o pasamento de Dolores Ben, amiga e compañeira, e tamén expresidenta da nosa Asociación, traballo que desempeñou durante máis dunha década.
Dolores foi un exemplo de muller rexa, loitadora e imprescindíbel no panorama cultural galego e estatal. Lamentamos con fondura a perda dunha muller pioneira, valente e comprometida. Queremos desde aquí enviar todo o noso agarimo aos seus familiares e amigos.
Dolores Ben foi presidenta de AGAPI dos anos 2007 a 2019, ano no que Felipe Lage tomou o seu relevo no cargo. Desde a Asociación queremos agradecer publicamente o súa labor e o seu traballo incansable a prol do ben común. Desexamos toda a sorte para que o seu legado e a súa memoria pervivan sempre na empresa Cinemar Films, fundada por ela no ano 2008, e que agora seguirá adiante un pouco máis orfa.
Hoxe e un día moi triste para nós, Dolores permanecerá sempre na memoria desta Asociación da que ela mesma foi e será sempre parte. Descansa en paz, Dolo!