Éxito de público na XORNADA ‘A produción audiovisual a debate’

Éxito de público na XORNADA ‘A produción audiovisual a debate’

A xornada sobre ‘A produción audiovisual a debate’ arrincou o día 21 de novembro, ás 10.15h coa intervención do Presidente de AGAPI, Felipe Lage e do Deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto.

A primeira das mesas ‘O financiamento audiovisual a debate’ deu comezo ás 10.30h e contou coa participación de: Felipe Lage, Presidente AGAPI, Raimon Masllorens, presidente de PROA, Carlos Juárez, presidente de EPE-APV e Jesús Prieto, avogado e conselleiro de CREA SGR. A necesidade de “darlle unha volta absoluta” ao sistema de financiamento da produción
audiovisual foi a demanda máis escoitada, dende todos os ámbitos do sector. Apuntáronse como modelo países da contorna nos que existen incentivos fiscais e deducións atractivas para atraer rodaxes. Tamén se falou do papel que deberan ter as
canles públicas para poder impulsar o financiamento na produción, especialmente en linguas minorizadas.

A maña seguiu coa mesa ‘O papel das administracións públicas nas Axudas á produción audiovisual’ ás 12h que contou coa intervención de Dolores Meijomín., Coordinadora de política Audiovisual da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Beatriz Navas, Directora Xeral do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) e Silvia Anoro, S. X. de Fomento da Industria Cinematográfica e Audiovisual Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA). A directora do ICAA alabou a labor desenvolta polas asociacións “Foi e seguesendo un traballo fundamental para que no sector haxa unión e conexión”, dixo.

As xornadas finalizaron coa mesa sobre Retos da distribución independente que deu comezo ás 13.30h e que contou coa intervención de Ramiro Ledo, Númax; Lara Camiña, Bteam; Silvia Lobo e Javier Asenjo de Elamedia e Enrique Costa, Avalon. Os representantes das distribuidoras coincidiron en sinalar que no actual mercado cada vez é máis complicado que os títulos independentes se manteñan na salas.

Todas as mesas xeraron moito interese abrindo o debate ao público asistente que se mostrou moi interesado en preguntar e debater cos relatores. O aforo estivo completo e contou con perfiles diversos: produtores, estudantes, profesores, actores…

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies