‘Eles transportan a morte’ chega hoxe ás salas de cine

‘Eles transportan a morte’ chega hoxe ás salas de cine

A película ‘Eles transportan a morte’, dirixida por Helena Girón e Samuel M. Delgado e producida por Filmika Galaika, que tivo a súa premiere no Festival de Venecia, chega hoxe ás salas comerciais.

Este filme galego ambientado en 1942 e definido como unha mestura de «relato clásico de aventuras cun discurso crítico sobre a colonización» está protagonizado por Nuria Lestegás ( Longa noite), Sara Ferro, Xoán Reices, Valentín Estévez, David Pantaleón (Blanco en branco) e Josefa Rita Míguez Cal protagonizan a película.

‘Eles transportan a morte’ gañou unha Mención Especial na Sección Zabaltegui- Tabakalera no Festival de Cinema de San Sebastián e o Premio á Mellor Contribución Técnica da Semana Internacional da Crítica, sección autónoma do Festival de Cinema de Venecia. Tamén foi Premio á Mellor Dirección, Mellor Música e Deseño de Son no Festival Cinespaña de Toulouse, Premio á Mellor Contribución Artística (no apartado de Fotografía) no Festival de Cinema do Cairo, Premio Xacobeo no Festival de Ourense e Premio á Mellor Película no Festival de Cinema de Pontevedra Novos Cinemas.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies